Morre un bombeiro que extinguía un incendio provocado polos disturbios en Francia
Morre un bombeiro que extinguía un incendio provocado polos disturbios en Francia
Nos disturbios da noite do domingo ao luns, hai 157 arrestos contabilizados e tres axentes das forzas da orde feridos
Un bombeiro que traballaba na extinción dun incendio nun aparcadoiro da cidade de Saint Denis, causado polos disturbios que vive Francia desde hai seis días na periferia norte de París, morreu, anunciou o ministro de Interior Gérald Darmanin.
Nunha mensaxe na súa conta de Twitter, o ministro explicou que o morto, que tiña 24 anos, era xefe da Brigada de Bombeiros de París.
‼️ [ 🇫🇷 FRANCE ]
🔸 Gérald Darmanin annonce le décès d'un Caporal-Chef de 24 ans de la Brigade des sapeurs-pompiers de Paris, malgré l'intervention de ses équipiers. Il était en train de combattre incendie impliquant plusieurs véhicules dans un parking souterrain à Saint-Denis. pic.twitter.com/s0wDrhVHgt
— (Little) Think Tank (@L_ThinkTank) July 3, 2023
O seu falecemento, en circunstancias que aínda non transcenderon, nun aparcamento subterráneo desta cidade popular da periferia norte de París, produciuse a pesar da rápida intervención dos seus compañeiros.
Segundo o Ministerio do Interior os datos provisionais dos disturbios da noite do domingo ao luns son de 157 arrestos contabilizados e tres axentes das forzas da orde feridos.
Máis de 3.000 persoas foron detidas desde que empezou este estalido social o 27 de xuño coa morte por un tiro da policía dun mozo de 17 anos que conducía sen carné e saltou un control.