Morre un home afogado na praia de Arealonga, en Barreiros
Morre un home afogado na praia de Arealonga, en Barreiros
O home faleceu vítima dun infarto cando nadaba no areal lucense
Un home morreu afogado este serán na praia de Arealonga, no concello lugués de Barreiros.
Os tripulantes dun kaiak foron os que rescataron o corpo sen vida nunha zona rochosa do areal. Varios bañistas alertaron aos servizos de emerxencias de que había dúas persoas en apuros nun momento no que o mar estaba bastante revolto. Un deles conseguiu poñerse a salvo, pero o outro faleceu.
Os axentes da Garda Civil confirmaron que sacaron o corpo da auga e, pese aos esforzos do sanitarios, non puideron facer nada para salvarlle a vida.
#AXEGAInforma dunha persoa que faleceu tras ser rescatado da auga na praia de Arealonga, en #Barreiros.
— 112Galicia (@112Galicia) July 16, 2022
Malia os esforzos dos sanitarios, nada se puido facer por salvarlle a vida.
Informouse: sanitarios, @salvamentogob, @GardacostasGal, @guardiacivil e #ProtecciónCivil.