Morre un home ao envorcar o seu coche en Betanzos
Morre un home ao envorcar o seu coche en Betanzos
As primeiras hipóteses apuntan a que o home puido sufrir unha indisposición antes de saír da vía
Accidente mortal en Betanzos, o cuarto en Galicia en só tres días. A vítima é un veciño de Abegondo, de 83 anos. Foise da vía nunha rotonda e caeu ao baleiro, ao pé dunha pontella. Pasaron varias horas ata que un camioneiro avistou o coche dende a cabina e deu a voz de alarma.
Ata o lugar do accidente desprazáronse os bombeiros de Betanzos, que se encargaron de excarcerar o cadáver, e membros de Protección Civil da localidade e da Garda Civil. As primeiras hipóteses apuntan a que o home puido sufrir unha indisposición antes de saír da vía, xa que na zona non había marcas de freado nin nada que indicase que circulaba a gran velocidade.
Dos catro accidentes mortais dende o sábado, tres das vítimas eran persoas de idade avanzada.
As primeiras hipóteses apuntan a que o home puido sufrir unha indisposición antes de saírse da vía, xa que na zona non había marcas de freado nin nada que indicase que circulaba a gran velocidade.
"Detrás da maioría de accidentes está o factor humano, xa sexa por distracción, por consumo de alcol ou drogas ou calquera outra incidencia. Todos isos factores son o que o equipo de atestados e está tentando determinar para saber que aconteceu, e un dos factores é se a persoa tivo un problema de saúde." afirma Héctor Teixeira Axente da Garda Civil de Tráfico.