Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un mozo de 22 anos nun río de Riós

Morre un mozo de 22 anos nun río de Riós

Un particular avisou o 112 Galicia dun home que non respiraba no río nunha zona que non cubría, pero cando chegaron as Emerxencias non puideron facer nada por salvarlle a vida

O home, que se bañaba cuns amigos no río Mente nunha zona de pouca profundidade, pasaba as súas vacacións na localidade ourensá

Galicia é a comunidade con máis falecidos por afogamento na auga

 

Helicóptero 061 urxencias sanitarias /Arquivo Helicóptero 061 urxencias sanitarias /Arquivo
G24.gal 10/08/2024 20:31

Un home faleceu nun río no lugar da Veiga do Seixo, na parroquia de Castrelo de Cima, no concello ourensán de Riós.

Minutos despois das 18:00 horas deste sábado cando un particular solicitou ao 112 Galicia asistencia sanitaria urxente para un home que non respiraba. Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.

A central de emerxencias tamén solicitou a intervención da Garda Civil, dos membros de GES da Gudiña e dos efectivos de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar