Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un neno de tres anos que quedara só no interior dun coche no Porriño

Morre un neno de tres anos que quedara só no interior dun coche no Porriño

Un particular alertou o 112 pouco antes das catro da tarde

G24.gal 06/07/2023 19:12 Última actualización 06/07/2023 21:45

Un meniño de tres anos faleceu este xoves no interior dun vehículo que estaba nun aparcadoiro de terra do lugar da Relva, na parroquia de Torneiros, no Porriño.

Segundo fontes da investigación, a nai levaba o neno á gardería antes de ir traballar. Pero esqueceuse de levalo á escola infantil e foi directamente ao seu lugar de traballo. O rapaz quedou no interior do coche, posiblemente durmido.

A primeira hora da tarde, o pai foi buscar o cativo á gardería e foi entón cando lle dixeron que o neno non fora ese día. 

Ao rapaz localizárono deseguida no interior do coche da nai, no aparcadoiro da empresa en que traballa.

Ata o lugar desprazáronse a policía local e os servizos de urxencias sanitarias. Pero cando chegaron á zona xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.

O 112 enviou un equipo de psicólogos para atender a familia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade