Cargando resultados...
Morre un traballador ao caerlle un palé enriba nunha nave de Boqueixón
Morre un traballador ao caerlle un palé enriba nunha nave de Boqueixón
A vítima é un home de 50 anos que faleceu no momento do impacto
G24.gal
18/02/2022 13:50
Un traballador de 50 anos faleceu tras quedar atrapado esta mañá por un palé nunha nave situada na parroquia de Lestedo, no concello coruñés de Boqueixón.
Segundo informou o 112 Galicia, profesionais do servizo de Urxencias Sanitarias chamaron ao servizo de emerxencias sobre as 11.00 horas deste venres para informar do suceso.
Ata o lugar de Ramil trasladouse unha ambulancia para atender un operario que quedou atrapado por un palé. Despois diso, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia comunicou o sucedido aos Bombeiros de Ordes, aínda que finalmente se descartou a súa intervención porque o traballador xa falecera.