Morre un traballador en Quiroga ao caerlle unha árbore enriba
Morre un traballador en Quiroga ao caerlle unha árbore enriba
O operario sufriu o accidente mentres traballaba no lugar de Covas
Un traballador faleceu este xoves á mañá no concello lugués de Quiroga ao caerlle un piñeiro enriba. Segundo informa o servizo de emerxencia 112 Galicia, o accidente laboral produciuse no lugar de Covas, na parroquia de Augas Mestas.
🔴#AXEGAInforma dun operario que faleceu en #Quiroga ao caerlle unha árbore enriba, nunha leira no lugar das Covas.
— 112Galicia (@112Galicia) May 25, 2023
Interveñen: servizos sanitarios, #BombeirosMonforte, #GESQuirogaFolgosoDoCourel, @guardiacivil, #PolicíaLocal e #AVPC da localidade. pic.twitter.com/PRkHBhVLKX
O sinistro produciuse minutos despois das 10:30. Ata o lugar desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias 061, que só puido certificar o falecemento.
Equipos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Quiroga traballou no lugar do accidente para retirar a árbore e poder liberar o corpo da vítima.