Cargando resultados...
Morre unha balea de máis de seis metros tras varar en Combarro
Morre unha balea de máis de seis metros tras varar en Combarro
O animal, que presenta numerosos golpes, permaneceu durante minutos tratando de liberarse
G24.gal
12/07/2022 14:59
Unha balea morreu este martes despois de aparecer varada no porto do Combarro, en Poio. O cetáceo foi localizado vivo ás 09:30 horas deste martes cando se atopaba encaixado entre o peirao e a dársena de piragüismo, segundo informaron fontes da Policía Local de Poio.
O animal, que presenta numerosos golpes, permaneceu durante minutos tratando de liberarse. Finalmente, faleceu antes das 10:30 horas, momento en que chegaron ao porto de Combarro técnicos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños. O cadáver do animal atópase no peirao do porto, onde están a despezalo.