Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha muller de 54 anos en Begonte por unha caída

Morre unha muller de 54 anos en Begonte por unha caída

Á espera da autopsia, o falecemento produciuse logo de bater contra un sumidoiro

12/02/2022 20:02

 O primeiro en dar a alerta foi a parella da muller, quen chamou o 112 logo de atopala tirada no chan.

Inicialmente publicouse que a muller batera contra un pozo e que caera nel, pero tratouse dun malentendido, xa que a defunta estaba tirada no chan a carón dun sumidoiro que hai no seu domicilio, situado a uns catro quilómetros do centro de Begonte, pola estrada que comunica esta localidade con Rábade.

Ata o domicilio desprazáronse os servizos de emerxencia do 112, o 061 e a Garda Civil; tamén un médico do PAC de Outeiro de Rei, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.

A parella sospeitaba que a caída puidérase deber a un desmaio que sufrira a muller. En calquera caso, a autopsia clarexará os motivos do falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade