Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha muller de 66 anos ao caer desde un cuarto andar en Ferrol

Morre unha muller de 66 anos ao caer desde un cuarto andar en Ferrol

A vítima, de 66 anos, estaba limpando os cristais dunha ventá da casa

G24.gal 26/10/2021 14:53

Aconteceu nun inmoble da praza Pintor Segura Torrella. Ao parecer, a vítima, de 66 anos, estaba limpando os cristais dunha ventá da casa cando, por causas que aínda se descoñecen, se precipitou ao baleiro desde o cuarto andar.

O propietario do ximnasio que está xusto en fronte foi o primeiro en dar a voz de alarma. Porén, os sanitarios nada puideron facer por lle salvar a vida.

A muller faleceu por mor do forte golpe que recibiu. Aconteceu ás cinco da tarde deste luns, a escasos metros dun parque infantil, onde daquela non había ningún neno xogando.

Ao lugar tamén se desprazaron funcionarios xudiciais, que autorizaron o levantamento do cadáver e o seu traslado ao hospital Naval para practicarlle a autopsia, que revelará as causas do falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade