Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha persoa nun novo ataque ruso con mísiles en Zaporijia

Morre unha persoa nun novo ataque ruso con mísiles en Zaporijia

A Administración Militar Rexional de Zaporijia sinalou en Telegram que as forzas rusas dispararon un total de doce mísiles S-300

G24.gal 11/10/2022 09:26

Polo menos unha persoa morreu este martes nun novo ataque con mísiles executado polas tropas rusas contra a cidade de Zaporijia, segundo denunciaron as autoridades ucraínas. A Administración Militar Rexional de Zaporijia sinalou en Telegram que as forzas rusas dispararon un total de doce mísiles S-300 que "alcanzaron instalacións públicas", incluída unha escola.

"Cada un de nós ten fe nunha cousa: aguantar e gañar", manifestou. O xefe da Administración Militar Rexional de Zaporijia Oleksandr Staruj sinalara previamente: "O ocupante atacou o centro rexional con foguetes. Os obxectos de infraestrutura convertéronse nos obxectivos do inimigo. Está a solicitarse información sobre a destrución e as vítimas".

A cidade atópase fóra do control das forzas rusas. Zaporijia é unha das rexións anexionadas por Rusia tras os recentes referendos celebradas nas zonas ocupadas polas súa tropas, xunto a Donetsk, Lugansk e Khersón.

Nas últimas horas, Rusia intensificou os seus ataques sobre varias cidades, entre elas Kíiv, pero tamén Leópolis, Zaporijia, ou Khárkov, como resposta ao que o presidente ruso Vladimir Putin cualificou como "atentado terrorista", en relación coa destrución o sábado da ponte de Kerch que conecta Rusia coa península de Crimea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade