Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morren dúas persoas e dúas quedan feridas nun ataque con coitelo en Alemaña

Morren dúas persoas e dúas quedan feridas nun ataque con coitelo en Alemaña

Un dos falecidos é un neno de dous anos

A policía descarta que se trate dun ataque terrorista 

O agresor, xa detido, ten problemas mentais

Reuters/Heiko Becker Reuters/Heiko Becker
G24.gal 22/01/2025 16:29

Un home de 41 anos e un neno de dous morreron e outras dúas persoas resultaron feridas nun ataque con coitelo este mércores nun parque na cidade de Aschaffenburg, no estado federado de Baviera, no sur de Alemaña.

A policía detivo un cidadán afgán, de 28 anos, en relación co ataque e agregou que non existe perigo para a poboación.

"Segundo a información dispoñible neste momento, hai dous feridos graves que están a ser atendidos no hospital. A nosa investigación sobre as circunstancias concretas dos feitos está en plena marcha. Por favor, abstédevos de especulacións", pediu a policía.

A policía engadiu ademais de que non hai indicios doutros sospeitosos.

"Podemos descartar cunha probabilidade que roza a plena certeza que se trate de terrorismo", afirmou en declaracións a Spiegel unha voceira das autoridades.

Segundo o diario Bild, o neno de dous anos morto no ataque formaba parte dun grupo de menores dun parvulario e é de nacionalidade marroquí. A publicación sinala, ademais, que un dos dous feridos graves é tamén un neno.

No caso do presunto agresor, o xornal afirma que no pasado presentara problemas mentais.

O tráfico ferroviario na estación do sur foi interrompido ao tratar o sospeitoso, aparentemente, de fuxir polas vías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade