Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mozos e maiores falan de como mudou a escola nun proxecto interxeracional

Mozos e maiores falan de como mudou a escola nun proxecto interxeracional

 É unha iniciativa de AFundación que busca poñer en valor a traxectoria vital das persoas maiores

G24.gal 24/04/2023 15:00

Hoxe toca lección de vida, coa experiencia como mestra. Unha delas, Pilar Tesouro, voluntaria do Espazo +60 de Ourense "nós explicámoslles como foi a nosa escola, que non ten nada que ver coa que teñen eles agora. E coas oportunidades que eles teñen agora". 

Mesturados na aula, estudantes e voluntarios da área de maiores de AFundación reflexionan sobre como mudou o sistema educativo.  

Os máis novos din que lles sorprenden "as dificultades que tiñan para acudir á escola nos seus tempos e que todo era máis xeneralizado, non tan específico como agora" ou "como eran os cadernos antes, como se vivirían as notas, o aseo tamén"

Pero, á marxe das anécdotas, este diálogo interxeracional busca reaccións como as destes mozos: "Do máis importante, os valores, que nos van preparar a ser persoas", "que hai esforzase para conseguir todo na vida".

Porque da chuvia de ideas que compartiron, a máis votada foi que o ensino debería preparar para o éxito... e aquí escoitaron doutro voluntario, Marco, a realidade "o éxito nunca sabes onde está". 

O programa pon en valor a traxectoria vital e profesional dos maiores que, como conta Jaime: "Á miña idade é importante compartir con eles" e Conchita engade "eu non sei se a eles lles reporta moito pero a nós, os maiores... a min particularmente moitísimo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade