Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mrsic: "Unicaja é un equipo moi duro, pero xogamos na casa"

Mrsic: "Unicaja é un equipo moi duro, pero xogamos na casa"

O técnico do Breogán valorou tamén a Ethan Happ: "Ten marxe de mellora"

Foto @CBBreogan
G24.gal 19/04/2023 13:58 Última actualización 19/04/2023 14:04

O adestrador do Río Breogán, Veljko Mrsic, destacou o potencial do campión da Copa do Rei, Unicaja Málaga, ao que recibe este xoves no Pazo dos Deportes de Lugo, onde os lucenses superaron o Real Madrid (96-72) na anterior cita como locais, antes de perder en Gran Canaria (77-66): 

"Está a facer moi boa tempada, é un equipo moi duro, moi físico, moi atlético, corre moi ben, ten 12 xogadores de gran nivel, vemos por estatísticas que cada un é moi importante, que xogan en equipo… pero xogamos na casa e hai que dalo todo para sacar unha vitoria", comentou nunha conferencia de prensa.

Con Unicaja regresa a Lugo o xogador estadounidense Tyler Kalinoski, que destacou o curso pasado no Breogán: 

"Tyler é un gran xogador, deunos moito a tempada pasada, a xente vaillo recoñecer cando o presenten, pero despois será un xogador máis do noso rival", precisou o técnico croata.

O Breogán afrontará o partido con todo o equipo salvo o base serbio Marko Lukovic, que se recupera dunha lesión, nunha semana con tres encontros: 

"Para o que nós estamos afeitos é unha semana curta, pero recuperámonos ben do partido con Gran Canaria e creo que imos chegar ben para o partido con Unicaja. Todos os xogadores están dispoñibles", anunciou.

O técnico do Breogán valorou tamén a Ethan Happ, MVP da liga Endesa no mes de marzo: 

"Happ é un xogador moi importante e creo que ten marxe de mellora aínda. Quédannos sete partidos e en cada un debe dar o máximo que pode".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade