Publicador de contidos
Publicador de contidos

Muimenta acolleu unha nova edición da Festa da Filloa

Muimenta acolleu unha nova edición da Festa da Filloa

75 mestres filloeiros fixeron as delicias dos asistentes

A filloa consumiuse de sobremesa e acompañando a carne

G24.gal 01/05/2024 19:47 Última actualización 01/05/2024 19:58

Nin se sabe a cantidade de filloas que os 75 mestres filloeiros elaboraron este mércores na tradicional festa de Muimenta.

Aínda que moi similares, cada un ten a súa técnica e mesmo os seus ingredientes. Así, son moi semellantes pero diferentes.

Nalgunhas zonas de Galicia a filloa soe ser unha sobremesa e leva azucre ou outros doces.

Pero na Terra Chá é un produto moi versátil que pode servir para acompañar un cocido, como substituto do pan ou calquera outro uso culinario.

Tamén houbo quen facía este mércores as súas primeiras filloas e, pola experiencia vivida, non ha ser a derradeira.

Nesta edición número 33 non faltou a música, os produtos da terra, a artesanía e mesmo unha demostración de cetrería da Federación Galega de Caza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar