Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mulleres gandeiras aprenden a manexar drons

Mulleres gandeiras aprenden a manexar drons

É un xeito de controlar mellor os animais e tamén as colleitas

G24.gal 02/08/2024 15:55

Trinta mulleres do agro galego que no seu día a día son gandeiras ou viticultoras e que quizais nunca pensaron que aprenderían a manexar un dron están facendo estes días un curso de pilotaxe destes aparellos que teñen moitas aplicacións no rural.

O obxectivo de FADEMUR é formar 500 mulleres como pilotos de drons e outras mil mulleres noutras disciplinas, todas vinculadas principalmente coa agricultura e gandería. 

Os drons permítenlle controlar as explotacións, os peches perimetrais das leiras sen ter que desprazarse. Controis nas viñas, nas pragas, control de gando se unha cabeza da res ten algunha praga. En definitiva, facilitarlles que o seu día a día sexa máis fácil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade