Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multados en Poio por levar un colchón suxeito coas mans sobre o teito do coche

Multados en Poio por levar un colchón suxeito coas mans sobre o teito do coche

Os ocupantes do vehículo suxeitaban o colchón sacando as mans polas fiestras

O colchón sobre o teito do vehículo (Policía Local de Poio) O colchón sobre o teito do vehículo (Policía Local de Poio)
G24.gal 30/09/2024 15:53

A Policía Local de Poio localizou e multou esta semana un condutor que trasladaba un colchón sobre o teito do seu vehículo pola estrada PO-308, no municipio pontevedrés.

Tal e como detallou a Policía, os ocupantes encargábanse de suxeitar o colchón sacando as mans por fóra das fiestras do turismo.

Ante estes feitos, lembrou que unha mala disposición da carga tanto no exterior como no interior do vehículo pode ocasionar un accidente e causar lesións graves.

Neste caso, apuntou, por facer unha mudanza "púxose en risco a seguridade viaria, ademais de constituír unha infracción de tráfico".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade