Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multiplícanse os avistamentos de quenllas nas praias galegas

Multiplícanse os avistamentos de quenllas nas praias galegas

A CEMMA recomenda non tocalas e avisar dos varamentos

G24.gal 02/08/2022 20:56

Non son unhas estrañas pero o certo é que cada verán máis quenllas visitan as praias galegas. Adoitan ser exemplares xuvenís e inofensivos se non se lles molesta.

O único motivo para que os dentes bicudos destas quenllas traben os bañistas é que estean incomodadas. E iso pode ocorrer se tentamos collelas cando se achegan á beira do mar, porque o habitual é que nos ignoren e prosigan co seu nadar elegante.

Se aparecen varadas cómpre dar aviso ou, como moito, devolvelas ao mar envoltas nunha toalla.

Coincidindo coa época de expansión das crías desta especie, os avisos multiplícanse desde hai unhas poucas semanas na costa galega, sobre todo, procedentes da ría de Muros e de Carnota.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar