Publicador de contidos
Publicador de contidos

Multitudinaria procesión do Xan de Arzúa en Allariz

Multitudinaria procesión do Xan de Arzúa en Allariz

Preto de 800 veciños participaron na recreación histórica polas rúas da vila

Atribúen a Xan de Arzúa a orixe da Festa do Boi, hai máis de 700 anos

 

G24.gal 04/06/2023 19:50 Última actualización 04/06/2023 20:02

Conta a historia que alá polo 1.317 o fidalgo Xan de Arzúa subiu ao lombo dun boi para escorrentar os xudeus que boicoteaban a procesión do Corpus. 

"E como bos cristiáns, imos velar por que a procesión teña un bo fin e establecer unha boa convivencia e que os xudeus se integren na festa e na procesión do Corpus", explica un dos participantes.

Cada ano, os veciños reinventan a historia mudando o guión para xogaren co público. Nesta edición participaron na posta en escena 756 persoas. Levan máis dun mes ensaiando. A rúa é o seu escenario.

"Con moita paixón e moitas ganas, e co esforzo de toda a xente porque, sen ese esforzo, sería imposible todo isto", explica Martín Quintana, que leva nove anos organizando a procesión.

Esta é tamén en Allariz unha xornada de convivencia, caracterizados os veciños de distintos gremios medievais.

E isto é só un anticipo, a proba do boi, porque a semana grande empeza agora, ata o vindeiro domingo, 11 de xuño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar