Muras e Ribeira de Piquín son os únicos concellos galegos libres de covid
Muras e Ribeira de Piquín son os únicos concellos galegos libres de covid
Ambos os dous municipios rurais pertencen á provincia de Lugo
Segundo os datos oficiais, só quedan dous concellos en Galicia libres de covid. Son Muras e Ribeira de Piquín, ambos os dous na provincia de Lugo e pertencentes ao ámbito rural.
A pouca poboación que vive nestes territorios e a súa dispersión son factores determinantes para que non haxa contaxios.
Este sábado en Muras hai pouca xente na rúa e a que hai leva présa por non mollarse. No bar topamos algún veciño tomando café. Outro comenta que non hai casos porque apenas teñen posibilidades de relacionarse con persoas de fóra.
A sucursal bancaria pechou e o transporte público só para dúas veces ao día de luns a venres. O concello conta cuns 600 habitantes repartidos en 163 quilómetros cadrados, polo que as aglomeracións pode dicirse que son escasas.