Publicador de contidos
Publicador de contidos

Na feira do poldro de Muras xuntáronse máis de cincocentos cabalos de monte

Na feira do poldro de Muras xuntáronse máis de cincocentos cabalos de monte

Nesta ocasión non houbo presencia de gando vacún, por mor enfermidade hemorráxica epizoótica e pola lingua azul

A cita, que celebra a súa 36 edición, está recoñecida como festa de interese turístico galego

G24.gal 22/09/2024 19:17 Última actualización 22/09/2024 21:32

No concello de Muras o protagonista foi este domingo o poldro. Centos de persoas participaron nunha festa declarada de interese turístico galego que enxalza a tradición da gandería extensiva e que promociona a carne deste animal. 

Os cabalos que participan na feira pasan o ano ceibos no monte. No alto da Gañidoira, ao pé da estrada e en plena serra do Xistral, reúnense preto de cincocentos cabalos.

Desta volta non hai vacas, como medida preventiva ante a presencia da enfermidade hemorráxica epizoótica e pola lingua azul. Con todo, o evento que celebra a súa 36 edición continúa sendo unha referencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade