Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe compensou con autobuses a ausencia de trens nas conexións coa Coruña

Renfe compensou con autobuses a ausencia de trens nas conexións coa Coruña

Está previsto que a liña, suspendida temporalmente por obras, se restableza este luns

G24.gal 22/09/2024 20:52 Última actualización 22/09/2024 21:14

A efectos prácticos, San Cristovo desapareceu temporalmente do mapa de estacións de tren. Sen saídas nin chegadas desde o venres á noite, Renfe puxo á disposición dos usuarios máis de douscentos cincuenta servizos de autobuses para cubrir por estrada os traxectos entre A Coruña e Santiago e entre A Coruña e Betanzos.  

"Agora mesmo non sei exactamente se vou a Vilagarcía en autobús ou se fai parada nalgún sitio para coller o tren. Agora mesmo ando un pouco perdido".

"Sabiamos que iamos tardar algo máis do habitual, pero non que tiñamos que coller un bus. Pensabamos que iamos coller un tren, pero que ía parar ou algo así".

"Entrando pola porta dixéronme que fose para o fondo da plataforma e que entrase no bus. Acáboo de saber", explican varios usuarios.

Malia que Renfe informou puntualmente a través das súas canles oficiais e malia os avisos nas propias estacións, a algúns viaxeiros a ausencia de conexións de tren coa Coruña colleunos por sorpresa. Pero mesmo eles se amosaron comprensivos cunha situación inevitable, imposta polas obras que ADIF está realización na terminal coruñesa. 

"É unha hora e cuarto, tampouco imos perder moito tempo. O habitual é media hora, pero en fin...".

"Hai que agradecer que deron unha alternativa. O importante é chegar"

"O funcionamento vai ben, hai autobuses para todos. Sen problema".

"Hai moita xente dicíndoche onde tes que ir, onde están os buses, carteis. Iso bastante ben. Pensamos que ía ser peor".

A liña restablécese este luns, pero as primeiras conexións do día aínda se verán afectadas. Os pasaxeiros con billete para o Rexional das nove e media desde A Coruña serán os últimos en viaxar por estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade