Unha vintena de gandeiros participan na feira de Castro Caldelas
Unha vintena de gandeiros participan na feira de Castro Caldelas
Acordaron celebrala malia a enfermidade hemorráxica epizoótica que padece o sector, adoptando medidas de seguridade e hixiene
A participación reduciuse máis do 35%
A de Castro Caldelas é a única feira de gando da provincia de Ourense. Recuperárona hai 3 anos e non queren que se volva perder, pero non tomaron a decisión ata o último momento.
Manolo, o Clarete, gandeiro de Castro Caldelas e organizador: "Tivemos varias reunións cos gandeiros e acordamos facela aínda que fose máis pequena. Desinsectamos os animais e o local".
Participan 22 ganderías de Maceda, Castro Caldelas e Trives, con douscentos exemplares. Non é unha feira ao uso, senón un concurso exposición, unha mostra para público interesado.
"Vin mirar porque me gusta isto". "Eu estudo Gandería. Sempre me gustou e no futuro teño pensado meterme na gandería extensiva, vacún de carne", comentan dous visitantes.
O recinto acolle unhas duascentas vacas, a maioría caldelás e vianesas.
Manuel Yáñez González, gandeiro de Castro Caldelas: "Este ano as mellores non as puidemos traer pola enfermidade. Algunhas aínda non están recuperadas".
Tamén hai rubia galega. Acruga poxa estás catro novelas.
Javier Gerbolés, controlador de Acruga: "Teñen un prezo de saída de 2.200 euros, e unha axuda de 200 euros para o gandeiro que a compre".
Destacan os gandeiros o peso económico do seu sector na comarca.
Manolo, o Clarete, gandeiro de Castro Caldelas e organizador: "Non só gandería, senón tamén a viticultura, para a comarca representa o 80% dos ingresos. O resto é turismo pero eu penso que o turismo tamén vén porque nós mantemos os bosques como os mantemos".
As vacas, xunguidas ao xeito tradicional, desfilarán tamén polas rúas da vila.