A Xunta achega axudas para paliar a enfermidade hemorráxica epizoótica, que afecta 1.300 explotacións en Galicia

A EHE afecta uns 3.000 animais en 1.300 explotacións galegas. Son datos achegados pola conselleira do Medio Rural, que se reuniu cos responsables das organizacións agrarias para abordar as novas medidas aprobadas pola Xunta, coa previsión de que a súa incidencia remita coa baixada das temperaturas.
Amais da vacina da lingua azul, unha liña de axudas compensará os gandeiros polas perdas. "Este ano poñemos sobre a mesa 5,6 millóns, a metade achegados pola Xunta de Galicia e a outra metade polo Ministerio, para intentar chegar a todas as ganderías afectadas pola EHE", explicou María José Gómez. As axudas serán de ata 1.600 euros por vaca adulta morta pola enfermidade, e a maiores 20 euros por animal censado na explotación afectada.