Cargando resultados...
Os lobos matan dous mastíns de pastoreo no Vicedo en menos de tres semanas
Os lobos matan dous mastíns de pastoreo no Vicedo en menos de tres semanas
A propietaria reclama unha solución porque a perda dos cans non é indemnizable
A gandeira cambiou as vacas de predio para evitar novos ataques
G24.gal
15/09/2024 15:41
Última actualización 15/09/2024 17:38
Unha gandeira do Vicedo pide unha solución ante os ataques reincidentes dos lobos. En tres semanas xa lle mataron dous cans que empregaba para protexer os animais.
O ataque dos lobos foron en dúas ocasións, en apenas tres semanas. Tiveron lugar a uns cincuenta metros da vivenda da súa sogra, polo que esta gandeira do Vicedo séntese impotente ante a situación.
Sabe que non vai recibir cartos pola perda dos seus animais de pastoreo, utilizados para protexer as vacas, e que os lobos van volver. De momento, mudou de prado o gando, pero o temor a novos ataques continúa.
Outro dos cans da gandeira