O rock británico de Muse enche Balaídos
O rock británico de Muse enche Balaídos
Dezasete mil entradas esgotadas en apenas uns minutos para ver a banda británica
Había 21 anos que Balaídos non acollía un concerto
Dúas décadas había xa que Balaídos non celebraba un concerto. E quen mellor que os británicos Muse para recuperar ese carácter de escenario mítico polo que pasaron as grandes bandas do pop rock internacional.
Orgullosos, amosan unha das dezasete mil entradas postas á venda en dúas quendas. quince mil iniciais e dúas mil adicionais. Todas esgotadas en apenas uns minutos. Cento cincuenta mil watts de iluminación, 40.000 watts de son, ademais de 470 focos e máis de 120 altofalantes son os datos técnicos do evento musical do verán en Galicia. Muse chega a Vigo despois da súa última actuación en Madrid en xullo, cun espectáculo audiovisual impresionante.
O primeiro tema co que deleitaron aos asistentes ao concerto foi un riff de God Save the Queen. Entre a vintena de cancións da banda soaron éxitos como Wont stand down, Interlude, Hysteria, Psycho, Supermassive Black Hole, Time is Running Out e Uprising. Knights of Cydonia, a favorita para pechar os seus concertos, tamén se escoitou no estadio vigués.