Cargando resultados...
Música en directo sobre o río Miño
Música en directo sobre o río Miño
A ponte internacional de Tui cortouse para o festival IKFEM
G24.gal
21/07/2023 21:17
Última actualización 21/07/2023 21:35
A ponte internacional de Tui cortouse esta tarde ao tráfico. Pero foi por unha boa cousa. Foi para dar cabida ao Festival IKFEM que este ano chega á undécima edición.
Os 400 metros que separan Galicia de Portugal foron o escenario de espectáculos variados: pintura, fotografía, showcooking, moda... e tampouco faltou a música en directo.