Musk merca Twitter por 44.000 millóns de dólares
Musk merca Twitter por 44.000 millóns de dólares
A rede social deixará de cotizar en bolsa
A rede social Twitter anunciou este luns que acepta a oferta de compra de Elon Musk por uns 44.000 millóns de dólares e deixa de cotizar en bolsa.
Tras unha mañá de especulacións despois de que Wall Street suspendera a súa cotización por un posible acordo, a empresa comunicou que Musk pagará 54,20 dólares por acción na compra.
O fundador de Tesla, que ademais é o home máis rico do mundo, declarou: "A liberdade de expresión é o cimento dunha democracia funcional e Twitter é a praza dixital do pobo onde se debaten os asuntos vitais para o futuro da humanidade".
O acordo aprobouse unanimemente pola xunta directiva e espera que se formalice este ano despois do visto e prace dos accionistas, os reguladores e outras condicións habituais.
Bret Taylor, presidente independente da xunta de Twitter, explicou que o organismo avaliou a proposta de Musk centrándose no "valor, a certeza e o financiamento" e considerouno beneficioso para os accionistas.