Xornada de limpeza do areal e dos fondos mariños na praia de Celeiro
Xornada de limpeza do areal e dos fondos mariños na praia de Celeiro
Mergulladores e voluntarios limparon a zona, na que atoparon menos residuos que outros anos
A iniciativa enmárcase nunha proposta da rede de vixilantes mariños
Ecoembes organizou este sábado unha nova xornada de recollida de lixo en espazos naturais e praias de toda España, dentro do proxecto Libera, unidos contra a basuraleza.
A praia viveirense de Celeiro foi un dos puntos de recollida en Galicia. Apenas apañaron algúns paus e cabichas porque outros colectivos locais xa limparan o areal hai pouco.
A limpeza complétase con mergulladores. Sorpresa tamén neste caso porque atoparon menos lixo do que agardaban.
Hai uns anos dragaron a zona, o que pode explicar que desta volta houbese menos lixo. Unha satisfacción para todos, en especial para a xente do mar.
Con todo, non saíron coas mans baleiras. Sacaron latas de bebidas, ferros procedentes de aparellos e restos de cordas.