Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nace en Mos unha empresa de inserción laboral para vítimas de violencia machista

Nace en Mos unha empresa de inserción laboral para vítimas de violencia machista

Axudará a acceder ao mercado laboral a través da capacitación profesional e desenvolvendo un traballo durante un máximo de 3 anos

G24.gal 10/01/2024 15:44 Última actualización 10/01/2024 16:22

A Asociación de Empresarios de Mos presentou este mércores o seu novo proxecto, unha empresa de inserción laboral especialmente dedicada a mulleres vítimas de violencia machista.

A iniciativa chámase Activa Emprega e conta co poio da Consellería de Emprego e Igualdade, o Concello de Mos e un gran número de empresas da contorna.

Activa Emprega é unha iniciativa de carácter social promovida pola Asociación de Empresarios e Mos e destinada a vítimas de violencia machista.

A empresa axudará este colectivo a que acceda plenamente ao mercado laboral a través da capacitación profesional e desenvolvendo un traballo durante un máximo de 3 anos. 

A asociación de empresarios mosense leva 7 anos traballando con este colectivo a través de programas de emprego promovidos pola Xunta.

Neste tempo detectou una desconexión entre eses programas, prelaborais e o total acceso das vítimas ao traballo. Con Activa Emprega esperan encher ese baleiro.

230 mulleres participaron nos programas dos últimos 7 anos, 80 delas conseguiron incorporarse ao mercado laboral. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade