Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nace en Vigo a Mesa da Ciencia Pesqueira para afrontar os retos do século XXI no sector

Nace en Vigo a Mesa da Ciencia Pesqueira para afrontar os retos do século XXI no sector

Os novos datos científicos poden xogar a favor do recurso ante a UE

G24.gal 01/12/2022 21:09 Última actualización 01/12/2022 21:24

Que creamos ao combinar ciencia e pesca

Diana Morant, ministra de Ciencia e Innovación, di: "Creamos os instrumentos para que falen a ciencia e o coñecemento coa toma de decisións políticas para que teñan o impacto necesario nos retos que temos como sociedade".

Este vai ser o traballo da Mesa da Ciencia Pesqueira constituída nas últimas horas en Vigo coa asistencia da ministra e mais o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, quen tamén ten claro o que se busca con este novo organismo.

"Temos que ter unha perspectiva estratéxica de a onde dirixir os nosos esforzos tamén desde a investigación e a transformación deste sector", dixo Luis Planas.

A ciencia tamén ten que ver co recurso de España ao veto á pesca de fondo da Unión Europea porque, di o ministro: "Sen os nosos científicos os nosos xuristas non terían os argumentos para poder presentar o recurso".

Planas confía en que, a partir de decembro, cos novos datos científicos, se poida corrixir a situación para conseguir os TAC e as cotas.

As novas instalacións de almacenamento e transformación de peixe que inauguraron os palangreiros de ORPAGU, na Guarda, son parte dese futuro da pesca do século XXI.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade