Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nacho Moyano: "A afección deunos a forza para sacarmos isto adiante"

Nacho Moyano: "A afección deunos a forza para sacarmos isto adiante"

O técnico do Cangas amosouse emocionado coa permanencia

G24.gal 11/06/2023 15:19 Última actualización 11/06/2023 15:29

Tras unha difícil temporada, o Gatañal puido respirar coa salvación de categoría. Tras derrotar o Málaga no encontro de volta, o conxunto do Morrazo confirmou que permanecerá un ano máis na máxima categoría do balonmán español. O seu técnico pasou polo Galicia en goles e, con bágoas nos ollos e emoción na voz, salientou o obxectivo conquistado.

"Cada ano a xente supera o do anterior. É impresionante. Non podían quedar sen Asobal. Púxose complicado, tras a Copa, a afección deunos forza para sacar isto adiante O club é isto. Poden ir as cousas mellor ou peor, pero poñemos todo para sacar os partidos. E iso nótase e é o que nos valoran. Era unha cuestión de ter a cabeza onde tiña que estar".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade