Nadia Calviño, elixida para presidir o Comité Monetario e Financeiro do FMI
A vicepresidenta do Goberno destaca a coordinación multilateral como clave para impulsar o crecemento
A vicepresidenta primeira e ministra de Economía, Nadia Calviño, foi elixida para presidir o Comité Monetario e Financeiro Internacional (IMF), un órgano do Fondo Monetario Internacional (FMI) segundo confirmou a propia ministra na súa conta de Twitter.
Na súa mensaxe agradeceu a elección aos gobernadores do FMI e afirmou que "a coordinación multilateral é clave para garantir a estabilidade financeira e impulsar un crecemento forte, sostible e inclusivo".
Muchas gracias a los gobernadores del @FMInoticias por elegirme para presidir el Comité Monetario y Financiero Internacional #IMFC.
— Nadia Calviño (@NadiaCalvino) December 24, 2021
La coordinación multilateral es clave para garantizar la estabilidad financiera e impulsar un crecimiento fuerte, sostenible e inclusivo. pic.twitter.com/4SbiPDucaw
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, tamén nesa rede social, sinalou: "Serás a primeira ministra española e a segunda muller en presidir o principal comité asesor do FMI".
"Tes todo o noso apoio neste novo labor desde o que seguirás traballando por unha recuperación mundial económica e socialmente xusta", engadiu Sánchez.
¡Felicidades, Nadia!
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) December 24, 2021
Serás la primera ministra española y la segunda mujer en presidir el principal comité asesor del FMI. Tienes todo nuestro apoyo en este nuevo cometido desde el que seguirás trabajando por una recuperación mundial económica y socialmente justa. https://t.co/4Bfi2yHiRl