Nairo Quintana, baixa no Gran Camiño tras dar positivo en coronavirus
Nairo Quintana, baixa no Gran Camiño tras dar positivo en coronavirus
O colombiano Nairo Quintana, gañador do Giro de Italia 2014 e a Volta a España 2016, non estará na liña de saída do Gran Camiño 2024 co Movistar despois de dar positivo en coronavirus.
O cafeteiro, que volveu este ano á competición profesional tras un ano de inactividade, ía iniciar a súa xira en Europa na carreira galega, pero despois do Tour Colombia deu positivo nun test de coronavirus.
“Non puiden saír adestrar. Terminei o Tour Colombia moi enfermo. Desde días anteriores xa me sentía bastante mal, collera unha gripe. Cando regresei á casa relaxeime, fixen a proba do covid e saíu positivo. Deume forte, estiven con moitos síntomas”, explicou Quintana a través das redes sociais.
O colombiano ía ser o líder da escuadra telefónica na carreira galega, que se disputará do 22 ao 25 de febreiro.
“O regreso a Europa atrásase un pouco ata que se me vaia o coronavirus e a carreira de 'O Gran Camiño' non a podo facer, así que pronto lles comunicaremos que outras carreiras farei”, afirmou
🏥🦅🇨🇴 Info @NairoQuinCo / @ograncamino_igt
— Movistar Team (@Movistar_Team) February 15, 2024
En los últimos días del #TourColombia2024, Nairo vio mermado su estado de salud, y posteriores pruebas han confirmado un proceso vírico que impedirá al boyacense estar en Galicia.
El debut de Nairo en Europa será comunicado pronto. pic.twitter.com/Fvr8Z2CJG5