Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nakic renova co Breogán un ano máis

Nakic renova co Breogán un ano máis

O croata iniciará a súa terceira temporada como breoganista

G24.gal 19/06/2024 11:19 Última actualización 19/06/2024 11:42

O croata Toni Nakic chegou a un acordo de renovación co C. B. Breogán para continuar un ano máis ás ordes de Veljko Mrsic no cadro lucense. 

A temporada pasada deixou unhas estatísticas de 7,3 puntos, 2,8 rebotes e 1,1 asistencias nos 19 partidos que disputou. 

A súa confirmación súmase ás incorporacións de Moore, Aranitovic e Apic para un Breogán que é o club máis activo no mercado ACB ata o momento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos