Naturgy recupera os servizos tras un fallo informático producido hai dez días
Naturgy recupera os servizos tras un fallo informático producido hai dez días
Ringleiras de clientes ás portas das oficinas para resolver trámites pendentes
Se estes días tentaron realizar algunha xestión a través da web ou trasladarlle algunha queixa a Naturgy, pode que non puidesen. O centro que ten na Coruña levaba varios días sen atender incidencias.
Calcúlase que pode haber máis dun millón de clientes en Galicia afectados polo fallo no sistema que utilizan os empregados para resolver as incidencias. Desde o 28 de xaneiro non era posible realizar trámites como descargas ou consultas de facturas ou conectar telefonicamente cos operadores.
Naturgy di que esta incidencia debeuse a un erro e non a un ataque informático e que en ningún momento se produciu perda de información dos clientes. A eléctrica asegura que os servizos están xa normalizados.
Con todo, formáronse este martes ringleiras de clientes ás portas das oficinas para resolver os trámites pendentes. Naturgy di que continúa traballando para a estabilización completa do servizo.