Navantia consolídase como referente no sector da eólica mariña
Navantia consolídase como referente no sector da eólica mariña
Desenvolven un proxecto de 62 estruturas para Saint-Brieuc, e xa están rematadas 15
O futuro pasa por seguir buscando novos encargos dentro deste mercado
Navantia explora vías alternativas á construción naval. O estaleiro de Fene traballa na construción de estruturas para un parque eólico mariño en Francia.
Das 62 estruturas que compoñen o proxecto de Saint-Brieuc xa están rematadas un total de 15. Todo un reto para Navantia, que desenvolve este contrato en colaboración con empresas francesas.
A capacidade das instalacións de Fene están convertendo o estaleiro en referente en Europa. O emblemático guindastre pórtico permite agora ensamblar estas enormes estruturas construídas entre Francia e Galicia.
O futuro pasa por seguir buscando novos mercados nun sector que presenta boas perspectivas de negocio.