Publicador de contidos
Publicador de contidos

Navantia Fene construirá para Iberdrola 45 'monopiles' dun parque eólico mariño no Reino Unido

Navantia Fene construirá para Iberdrola 45 'monopiles' dun parque eólico mariño no Reino Unido

É o maior contrato deste tipo de cimentacións fixas para o estaleiro do municipio coruñés de Fene

Suporá unha carga e traballo de 900.000 horas durante 15 meses e dará comenzo en xuño de 2023 

G24.gal 03/04/2023 17:44 Última actualización 03/04/2023 18:30

Iberdrola adxudicou á Unión Temporal de Empresas formada por Navantia a construción en Fene de 45 monopiles para un parque eólico marino, East Anglia 3, en aguas do Reino Unido.

A través dun comunicado, a empresa naval pública asegura que "é o maior contrato deste tipo de cimentacións fixas" que será executado nas instalacións do estaleiro do municipio coruñés de Fene.

Segundo as súas estimacións, este encargo suporá unha carga de traballo de "900.000 horas durante 15 meses e dará comenzo en xuño de 2023", ademais de xerar "arredor de 450 empregos entre Navantia, Windar e operarios doutras compañías" da industria auxiliar colaboradora. 

Unha vez posto en marcha o parque no 2026 "contará cunha capacidade de xeración de 1.400 megawatts. Os monopiles terán unhas dimensións máximas de 84 metros de lonxitude, 1.800 toneladas de peso e 10 metros de diámetro.

Estas cimentacións corresponden ao parque eólico East Anglia 3, que se atopa dentro do complexo de East Anglia nas augas británicas. Navantia e Windar xa construíran 42 jackets, tamén no estaleiro de Perlío, e unha subestación, esta última nun dos centros de traballo da baía de Cádiz.

Con este novo pedido, Navantia Seanergies-Windar reforza a súa posición nesta liña de produto e afianza unha relación de máis de nove anos con Iberdrola, que suma contratos por un valor superior aos 1.000 millóns de euros, con encargos para os seus parques eólicos mariños no Reino Unido, Alemaña, Francia e os Estados Unidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade