Navantia despide os tres últimos 'jackets' para un parque eólico de Iberdrola en Francia
Navantia despide os tres últimos 'jackets' para un parque eólico de Iberdrola en Francia
Dende a empresa sinalan que este proxecto os converte nun referente no mercado
Navantia e Windar Renovables celebraron este luns no estaleiro de Fene o acto de embarque dos tres últimas jackets construídas nas instalacións para o proxecto Saint-Brieuc, un parque eólico mariño promovido pola empresa Iberdrola na Bretaña francesa.
O estaleiro fenés leva dende o ano 2020 traballando neste acordo entre Iberdrola e a UTE formada por Navantia e a asturiana Windar.
O contrato supuxo a execución de 62 unidades, das que a maior parte xa están instaladas no complexo, e a xeración de emprego directo para 2.000 persoas tanto en Galicia e Asturias como na propia costa gala, destacou o grupo naval público.
Estas tres últimas estruturas de aceiro sobre as que se asentan os aeroxeradores mariños, serán trasladadas agora ata a Bretaña, onde Iberdrola constrúe o seu primeiro parque eólico mariño en Francia. Dende Navantia sinalan que este proxecto os converte nun referente no mercado.
O plan de Iberdrola, que contempla unha potencia próxima aos 500 megawatts, permitirá xerar desde 2024 enerxía limpa para abastecer preto dun millón de persoas.