Publicador de contidos
Publicador de contidos

Netanyahu prepara a invasión terrestre de Gaza e pídelles aos israelís que vaian armados

Netanyahu prepara a invasión terrestre de Gaza e pídelles aos israelís que vaian armados

Conflito diplomático entre a ONU e Israel, que pide a dimisión de António Guterres

A Franxa de Gaza, á beira do colapso pola falta de combustible

G24.gal 25/10/2023 20:27 Última actualización 25/10/2023 21:05

O primeiro ministro israelí Benjamin Netanyahu afirmou nunha mensaxe á nación que está preparando a invasión terrestre de Gaza. Non deu detalles de como nin cando se fará, pero pediulles aos cidadáns que, se poden, vaian armados.

O conflito ameaza con incendiar as relacións entre Israel e a ONU pola intervención do seu secretario xeral en que dixo que o pobo palestino leva 56 anos "sometido a unha ocupación asfixiante".

Guterres afirmou hoxe que Israel terxiversou as súas palabras. Reafirmouse nos agravios históricos aos palestinos, pero inistiu en que de ningunha maneira xustifican os atentados de Hamas.

Pero a crise diplomática xa está aberta. Israel bloqueou o visado de varios altos cargos da ONU, aos que non lles permite entrar no país. E pide a dimisión de Guterres. 

Os apoios chegáronlle por parte de varios gobernos europeos. Entre eles, o de España.

"O que está facendo é alzar a voz dunha maioría ampla de sociedades no mundo que queren unha pausa humanitaria e que cese este desastre", di Pedro Sánchez.

As axencias humanitarias da ONU avisan que van ter que deter a súa actividade en Gaza por falta de combustible. 

Varias oenegués denuncian que os hospitais se están convertendo en depósitos de cadáveres porque non hai medios para salvar máis vidas.

E os cidadáns da Franxa de Gaza, a metade deles en campos de refuxiados, lamentan que a axuda humanitaria chega a pouco.

Os bombardeos do exército israelí non cesan e, segundo as autoridades de Gaza, mataron 755 civís nas últimas 24 horas. 

Hamas tamén intensificou os seus ataques con proxectís en territorio israelí, pero a maioría son interceptados polo exército de Israel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade