Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nico Rodríguez anuncia en 'Ao contraataque' a súa ruptura con Jordi Xammar

Nico Rodríguez anuncia en 'Ao contraataque' a súa ruptura con Jordi Xammar

Nico Rodríguez: "Tocou un cambio de fase, pero non faría as cousas como se fixeron, é un tema delicado"

G24.gal 05/10/2022 13:42 Última actualización 05/10/2022 13:50

Nico Rodríguez anuncia na Radio Galega a súa ruptura con Jordi Xammar

"Tocou un cambio de fase, pero non faría as cousas como se fixeron, é un tema delicado"

O dúo formado polo barcelonés (Club Náutico Cambrils) e o vigués (Real Club Náutico de Vigo) navega xunto desde setembro de 2016, cando o compañeiro de Jordi Xammar por aquel entón, Joan Herp, decidiu abandonar as competicións para seguir cos seus estudos. Tras o duodécimo posto logrado nas olimpíadas de Río de Janeiro, o patrón catalán necesitaba un novo tripulante para prepararse para Tokio 2020 e atopouno en Nico Rodríguez. O vigués, que se atopaba en Canarias pendente de trasladarse a Holanda para dedicarse á odontoloxía, decidiu deixar en caseta by esa viaxe para aceptar a proposta de Xammar de empezar a navegar con el.

O seu debut como equipo nunha proba de alta competición foi en xaneiro de 2017 no Campionato de Estados Unidos, no que lograron un meritorio terceiro posto, e desde entón encadearon éxito tras éxito. Participaron en máis de 15 probas de alto nivel, logrando podio en 12 delas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos