Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nicolás Maduro pide ao Supremo que "aclare todo o que haxa que aclarar" das eleccións

Nicolás Maduro pide ao Supremo que "aclare todo o que haxa que aclarar" das eleccións

Di que están dispostos a entregar o cen por cento das actas electorais que teñen

Espera que "a Sala Electoral faga o mesmo con cada candidato e cada partido"

Chega este xesto despois de días de protestas nas rúas e dúbidas internacionais

G24.gal 31/07/2024 21:21 Última actualización 31/07/2024 21:52

Caracas espertaba este mércores nunha calma tensa. As protestas destes días deixaban 11 mortos ata a tarde do martes. Este mércores a líder opositora, María Corina Machado, elevaba os mortos a 16 e denunciaba a escalada da represión. 

Díxoo nas redes sociais, o mesmo medio que empregou o rival de Maduro nas eleccións, Edmundo González Urrutia, para agradecer á comunidade internacional que pedira "transparencia electoral total coa publicación de todas as actas".

A Unión Europea non recoñecerá resultados sen verificar e os Estados Unidos póñenos en dúbida. E ante os comunicados doutros países veciños, Venezuela desencadeou unha crise diplomática inédita con sete países latinoamericanos, dende A Arxentina e Chile ata Panamá e O Perú.

Mentres, en Caracas e noutros puntos do país continúan axitando as súas bandeiras na rúa os antichavistas. Cren que foron unha fraude as eleccións das que saíu ratificado como presidente Nicolás Maduro.

Maduro xa presentou ante a Sala Electoral do Tribunal Supremo de Xustiza un recurso en que pide aclarar, dixo, "todo o que haxa que aclarar" sobre as eleccións.

"O gran polo patriótico e o Partido Socialista Unido de Venezuela está listo para presentar o cen por cento das actas electorais que están nas nosas mans. E espero que a Sala Electoral faga o mesmo con cada candidato e cada partido", dixo Maduro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade