Cargando resultados...
No Breogán entenden a situación e cruzan os dedos para que isto non vaia a máis
No Breogán entenden a situación e cruzan os dedos para que isto non vaia a máis
G24.gal
31/12/2021 15:55
A nova colleu o Breogán en plena sesión de traballo para preparar o derbi. O do Obradoiro é o segundo partido que lle aprazan aos lugueses nunha semana. Onte tiñan que ter xogado ante o Joventut.
O Breogán non ten data aínda para ningún dos dous partidos adiados e os problemas de calendario complícanse máis se cabe pola necesidade de pechar a primeira volta e determinar que equipos xogarán a Copa do Rei. Breogán quere ser un deles.
Barallábase o 15 de xaneiro para disputar o encontro ante o Joventut. Co aparazamento do derbi, esa opción podería cambiar.