Cargando resultados...
No Día da Muller e da Nena na Ciencia, a Xunta lembra a discriminación de xénero que persiste nas carreiras científicas
No Día da Muller e da Nena na Ciencia, a Xunta lembra a discriminación de xénero que persiste nas carreiras científicas
Mantéñense varias campañas para amosar as achegas das mulleres á ciencia e ao progreso da sociedade

G24.gal
11/02/2022 08:51
Este venres conmemórase o Día da Muller e da Nena na Ciencia. A Xunta publicou unha declaración institucional en que lembra a discriminación de xénero que persiste nas carreiras científicas.
E comprométese a seguir avanzando para mudar esa realidade, por exemplo con factores correctores para compensar os períodos de inactividade por maternidade ou lactación. Tamén mantén varias campañas para amosar as achegas das mulleres á ciencia e ao progreso da sociedade.