Cargando resultados...
No Gran Camiño correrán tres Tour, tres Giro, unha Volta a España e a esperanza do ciclismo español
No Gran Camiño correrán tres Tour, tres Giro, unha Volta a España e a esperanza do ciclismo español
As catro etapas van desde a Torre de Hercules ata o monte Aloia
G24.gal
07/02/2024 15:24
Última actualización 07/02/2024 15:29
Confírmase o que adiantou a Televisión de Galicia hai unha semana. Na liña de saída do Gran Camiño estarán Jonas Vingeggard, Egan Bernal, Richard Carapaz, Nairo Quintana e o granadino Carlos Rodríguez. Hai tres Tour, tres Giro, unha Volta a España e a esperanza do ciclismo español no Tour.
O Gran Camiño ten tres anos de vida e unha participación espectacular. Esta temporada dá un salto cualitativo: desde a Torre de Hercules ao monte Aloia.