Publicador de contidos
Publicador de contidos

No verán aumentan os roubos nos supermercados; que levan sen pagar?

No verán aumentan os roubos nos supermercados; que levan sen pagar?

Cremas solares, aceites e bebidas alcohólicas, entre os produtos máis roubados

En Galicia a listaxe a encabeza o polbo

As bebidas alcohólicas, entre os produtos máis roubados nos supermercados
G24.gal 28/06/2024 14:55

Saímos á rúa preguntar.

 "O que máis pode roubar a xente no verán? É unha pregunta bastante rara, eh!", di un rapaz.

Igual non tanto. O verán é a estación de ano onde hai máis roubos nos supermercados, de feito supoñen máis dun 26 por cento do total de todo o ano. As perdas no 2023 foron tan só no verán de case 6 millóns de euros para estes establecementos. As zonas turísticas son as máis vulnerables. As tendas están saturadas e entre a confusión cóase o ladrón. As cremas solares están entre as máis apetecibles para os amigos do alleo.

"Bronceadores? Están moi caros, a verdade", continúa.

Os que traballan nos supermercados sábeno ben.

 "Eu diríache que cremas de sol bastantes", afirma categoricamente unha empregada dun supermercado.

En moitos establecementos xa as poñen cerca das caixas para telas máis vixiadas.

"Si, intentamos poñelas máis cerca de nós, con máis alarmas, pero quen rouba sabe o que fai", conta.

E onde as agochan?

"Debaixo da roupa, debaixo dos carros dos bebés, debaixo de todo o que te poidas imaxinar". 

Os antimosquitos, o aceite, o alcohol e os preservativos tamén ocupan postos de cabeceira na listaxe dos máis roubados a nivel xeral. Se analizamos por comunidades, en Galicia o polbo ocupa o primeiro lugar.

"O polbo?", sorpréndese un señor.

 "Eu creo que é o que máis, e mira que polo menos onde eu traballo intentan, pasan traballos para..., pero dá igual", confirma a caixeira.

 "Diso si que non era consciente, a verdade, non era consciente que se podía roubar un polbo conxelado nun supermercado, cando menos é curioso", apunta incrédulo outro rapaz.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade