Publicador de contidos
Publicador de contidos

Roubo de material industrial en Agolada por valor duns 10.000 euros

Roubo de material industrial en Agolada por valor duns 10.000 euros

Non é o primeiro roubo que sofren na nave da cooperativa Avega 

G24.gal 27/06/2024 12:50

Roubo de material industrial nunha nave do concello pontevedrés de Agolada. Os ladróns forzaron a súa entrada ao interior e levaron equipamento por un valor aproximado duns 10.000 euros. Foi no polígono industrial de Merlín na nave de Avega, unha sociedade cooperativa que se atopa en concurso de acredores.

Na última visita, os traballadores da firma que leva as poxas da maquinaria déronse conta de que faltaba equipamento industrial da cadea de produción ecolóxica de ovos a que se dedicaba antes de entrar en concurso a finais do ano pasado.

É a segunda vez que entran na nave dende esa data co mesmo modus operandi. Dende a firma que leva a cabo as poxas aseguran que o pasado xoves estaba todo correcto, pero este mércores apreciaron como os ladróns romperan unha reixa e forzaran a súa entrada pola parte traseira.

A Garda Civil xa fixo unha inspección do lugar e investiga o caso, aínda que polo momento non recibiu unha denuncia formal polo sucedido. O valor total do material roubado podería superar os 10.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade