Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inquedanza e medo no barrio coruñés de Elviña por mor dunha vaga de roubos

Inquedanza e medo no barrio coruñés de Elviña por mor dunha vaga de roubos

Denuncian un incremento da delincuencia e asaltos

Esixen vixilancia policial para frear os roubos e poder sentirse protexidos

G24.gal 25/06/2024 13:56

"O que estamos a notar é un incremento de toxicómanos na zona. Está pasando algo parecido á zona peonil de Catro Camiños. E temos medo a que comece a haber problemas". "Debe haber algunha zona de venda que xa se ve o movemento", din os veciños e comercinates.

Aseguran que coa chegada dos toxicómanos, viñeron tamén os roubos.

"Na tesourería da Seguridade Social roubaron dous portátiles. É a segunda vez en poucos meses". "Rouban ao descoido. Entraron no meu salón de peiteados e levaron dous champús". "Tamén andan ao descoido das camareiras para poder botar man á caixa rexistradora".

E os coches que quedan estacionados na rúa, tampouco se libran.

"A min non hai moito, rompéronme o cristal. Non me roubaron nada porque nada tiña. Pero...". "A min, en cuestión de cinco minutos, abríronme o maleteiro con todo o descaro e roubáronme a bolsa coa roupa do ximnasio".

Pero o caso é que polas noites... tampouco descansan.

"A min entráronme ás cinco da mañá tras forzar a porta cunha pata de cabra. Roubaron material e os cartos da caixa". "Aquí intentaron entar, pero non o conseguiron...".

Todos piden presenza policial na zona para frear os roubos, pero tamén para sentirse protexidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade