Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños do barrio vigués de Coia están cansos das constantes avarías na subministración da auga

Veciños do barrio vigués de Coia están cansos das constantes avarías na subministración da auga

O barrio precisa unha reforma global da rede e non pequenos parches

G24.gal 27/06/2024 12:58

Os veciños do barrio vigués de Coia sofren constantes cortes de subministración de auga e avarías. Din que non se fai unha reforma global das tubaxes e que só se acometen parches. Por iso teñen convocada unha mobilización.

É habitual ver balsas de auga e lama cando chove moito no contorno da parroquia do Cristo da Vitoria en Coia. A rede de submnistración de auga ten preto de 50 anos e rompe con facilidade.

Segundo os veciños a empresa responsable só vai arranxando as avarías, pero non  fai a renovación global que eles consideran precisa e a rede vai rachando unha e outra vez, quedando horas sen auga en moitas ocasións.

A última avaría fixo un burato tan grande que o párroco acabou dentro dunha fochanca coa auga ao pescozo.

Fartos de que ninguén lles dea unha solución convocaron este xoves unha concentración nun barrio que pode ter entre 30.000 e 40.000 veciños segundo algunhas estimacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade