Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rouban no seu restaurante da Coruña mentres estaba no cuarto de baño

Rouban no seu restaurante da Coruña mentres estaba no cuarto de baño

É un dos últimos roubos que está a sufrir a cidade vella

Denuncian un aumento de delincuencia e esixen vixilancia policial

G24.gal 26/06/2024 14:39

"A reixa estaba pechada, pero se chave. El aproveitou a estada para subir ata a ventá e despois xa entrou. O meu fillo estaba no cuarto de baño e escoitou un ruído. Nun primeiro momento pensou que era eu, pero despois xa se decatou de que tiña que ser outra persoa. Así que, decidiu saír, non sen antes tirar da cadea. E precisamente ese son foi o que fixo fuxir o ladrón".

Deste xeito explicaba a propietaria dun restaurante da cidade vella da Coruña o roubo que sufriron, a plena luz do día, pero cando o negocio xa estaba pechado ao público. O ladrón logrou fuxir cun botín duns mil euros.

O seu foi dos últimos roubos que están a sufrir na zona, denuncian os comerciantes. Agora todos coinciden en que esta zona se volveu insegura. Polo momento, a Policía Nacional non prendeu ningunha persoa vencellada con estes feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar